Seguidores

martes, 8 de noviembre de 2011

Andaina pola rota dos tres vales( Carballedo)

Rota dos tres vales ,Carballedo (Cotobade) Domingo 6 de Novembro.Garatuxa Verde ,inicia a sua saída na Casa do Emigrante.no lugar da Igrexa en Carballedo,Ana,Santi,Nuria,Rita,Loli,Neus,Kiko,Angel,Carmen,é dous novos membros mais, Alex, é Jose Antonio,maña esplendida, e a primeira visita é a igrexa de San Miguel,cun cruceiro no adro con moitas representacions biblicas, logo diriximonos a Cruz do Castro, lugar onde fixeron excavacións arqueoloxicas, é ode se atopa un fermoso muiño de vento, logo diriximosnos a unha fermosa carballeira onde visitamos o Muiño da Igrexa,restaurado,é en perfecto estado para facer o seu traballo, ou sexa , moer.de alí seguimos por un camiño empedrado en subida cara a Braña das Pozas Secas,onde poidemos ver greas de cabalos, e algunha que outra pegada de xabarins,seguimos subindo cara o mirador do Coto do Ceo,onde se podian ver extraordinarias vistas da ria de Pontevedra,o camiño agora era en baixada hacia o monte da Arcela,que los levaria ata o Foxo do Lobo,uns dos poucos que se conserva en estado intacto ,grazas a sua restauración,logo o camiño levavanos ata o Chan da Besada,onde atopamos un gravado rupestre,agora a senda levanos pola estrada ata os muiños de Morgade e da Costa,seguimos ata cruza-lo pobo de Paraños, é de novo chegar o punto de partida,camiño que nos levou unha catro horas,disfrutando da paisaxe é da boa compaña que como sempre son os membros de Garatuxa Verde.Ata a proxima.!!

2 comentarios:

GARATUXA VERDE dijo...

Bo traballo Kiko, esta vez A Garatuxa vai ser a última en actualizar...

Mª Del Carmen Moledo dijo...

Feliz Nadal e boas festas para todos!
E a continuar esas andainas polos carreiros de Galicia!