Seguidores

miércoles, 26 de octubre de 2011

Andaina,polo camiño de santiago. Baredo- A Ramallosa

Primeira andaina da tempada.Domingo 23 de Outubro,dia chuvioso,despois de unha longa sequia,eliximos para esta andaina, a ruta do camiño de Santiago,que atravesa Baiona,comenzamos pola senda dos muiños de Baredo ata chegar o centro do pobo onde visitamos a sua igrexa,seguimos xa cara a Baiona,entrando polo barrio de San Antón,onde se divisa a costa,coas Cies o fondo,e onde podemos divisar tamén a virxe da rocha,e mais o fondo a fortaleza do conde de Gondomar,conforme imos baixando,atopamonos con fontes e lavadoiros de estilos un tanto peculiares,de seguido chegamos o centro da vila,onde nos atopamos,coas igrexas,de Santa Liberata, e o carón dela a igrexa de Santa Maria,perto dalí tamén vimos un antigo hospital de benificencia, hoxe facendo as labouras de biblioteca,proseguimos polas ruas molladas da vila baionesa,visitando a sua casa consistorial,e adentrandonos no seu casco antigo,onde atopamos edificacions curiosas,coma a torre do reló,saindo da vila cara  A Ramallosa,atopamonos co cruceiro gótico  da Santisima Trinidade con baldaquino e peto de ánimas,o sitio era fermosisimo con vistas o mar ,pero a chuvia non daba tregua,e proseguimos o noso camiño o que era o noso final,despois de pasar a ponte vella en Sabarís,chegamos a fermosisima ponte medieval da Ramallosa,empapados pola auga tan inoportuna,pero o mismo tempo tan esperada, é isto é todo.Ana,Santi,Rita,Neus é un servidor,esperamosvos,para a proxima.saúdos.!












1 comentario:

GARATUXA VERDE dijo...

Así me gusta kiko que faría Garatuxa sen nós.