Seguidores

lunes, 13 de junio de 2011

Andainas con Garatuxa.Rota dos muiños de Freaza,e montes de Gargamala





Rota de sendeirismo feita polo grupo Garatuxa Verde.o domingo 12 de xuño.unha ruta que escomenzou sobre as once da mañá,en Freaza,visitando os muiños do rio Barragán, e logo dirixindonos hacia Gargamala,onde o primeiro foi ir a ver as mámoas,que estaban fora da ruta,pero perto dela,logo baixamos ata Mourelle,onde poidemos ver unha fermosa capela,dalí subimos a Barro,e nos atopamos con Maximino,un veciño do lugar que nos convidou a un refrixerio,cousa que lle agradecemos,xa que chegamos cansos,e sedentos pola longa costa que habia antes de chegar o lugar,perto dalí atopamonos coa igrexa de Gargamala,demoslle unha visita,xa que o párroco deixonos entrar para facer unha fotos,xa tirando para Boente,seguimos unha ruta que nos levou ata uns muiños entre corredoiras cheas de silvas e camiños en mal estado chegamos a estrada,que nos levaria os petroglifos,despois de non poucas adversidades por mor dos cerres dos montes chegamos o sitio,xa cansos e porque era xa moi tarde,deixamos de ir ata o foxo do lobo, e demos volta continuando pola estrada o camiño, que nos levaria outra vez o punto de partida,chegando xa extenuados,e tomandolle o derradeiro refrixerio,entre eles unha froitas conque nos agasallara o devandito Maximino,despois todos para a casa a descansar.

No hay comentarios: