Seguidores

lunes, 20 de junio de 2011

Andaina pola rota da Via Escondida de Viascón

Derradeira andaina da tempada do grupo Garatuxa Verde,ésta discurriu pola parroquia de Viascón no concello de Cotobade a rota elexida foi a da Via Escondida,que se mixtuta en algúns treitos coa Rota das Coutadas.Saimos arredor das dez da mañá,perto do restaurante Manolo,é escomenzamos a andaina de uns 17 km aproximadamente,xá con un sol radiante que nos acompañaria en todo o traxecto, pegando cada vez mais duro a o paso das horas, a primeira parte do percorrido descorreu a beira do rio  Cabanelas, entre frondosa vexetación, vendose algún que outro muiño en estado ruinoso,chegando a ponte do Rexedoiro,onde a senda xa escomenzaba a empinarse,levandonos a carballeira de Cabarlinchán,e a o mirador  do Coto da Bouza,onde se divisaba practicamente toda a parroquia de Viascón,logo de alí,baixamos ata atopar de novo o rio,pero ésta vez aproveitamos a rota das Coutadas ,para achegarnos a Cabanelas e a sua praia fluvial,sen antes deixar de visitar os muiños ,como o muiño das Aceñas,xa no área recreativa do povo,onde nos sentamos a repoñer forzas,pois inda nos agardaba unha longa andaina,proseguimos o camiño pola beira do rio ate atoparnos outra vez co sendeiro das Coutadas,que leva a os petroglifos ,pero nós seguimos pola esquerda, e novo tras cruzar o rio,xa nos encaramos ao o que é a parte mais complicada da rota, a que nos levaría o Coto do Castro,sen antes avituallarnos de auga na fonte do Natoal, o camiño era escarpado e de dificil acceso ,péro unha vez arriba paga a pena o esforzo ,pois as vistas son de un encanto especial, divisandose boa parte da ria de pontevedra,coas illas de Tambo é Ons.Dende alí e por pistas forestais fumos baixando ata chegar a os petroglifos de Portela das Laxes,encarando xá o que era a parte final da rota.a baixada ata o Lérez,polo lugar de Atalaia,onde atopamos,algún que outro muiño en estado ruinoso,é uns antigos pasos que cruzaban o rio Lérez,de novo de volta é tras pasar o povo,chegariamos a carballeira da Capitana,é xa camiño da igrexa, rematabamos ésta andaina,no mismo punto de partida,no restaurante Manolo,onde con unha refrescantes cañas,dabamos por rematada a tempada,animando a aquel que queira unirse a nós, que será ben recibido,é que a proxima tempada,sexa ainda mellor.!!




No hay comentarios: