Seguidores

miércoles, 15 de junio de 2011

Andainas con Garatuxa. Rio Maneses é centro interpretación de Campo Lameiro

Foi a andaina mais numerosa que eu recorde co grupo,saímos dende o área de lecer que hai mesmo na desembocadura do Maneses no Lérez, o carón  da  estrada e da ponte de Cutián.Catorce membros fumos
entre muiños,mañá fresquiña e húmida e gozando da paisaxe,transcurria a nosa andaina,ata que a chegar a un punto ,vímos como o camiño estaba cortado ,por mor dunhas árbores caidas, polo temporal de inverno,tivemos que tomar un camiño alternativo,e subimos a ta estrada que discurria a beira do rio,ata atopar de novo a senda natural,logo de proseguir de novo pola rota natiral ,chegamos a uns prados donde estaba todo anegado de auga,que nos dificultaba o paso, a o menos sen mollarnos,pero coa axuda dos nosos caxatos,e axundadonos uns a os outros conseguimos vadear aquel pantanal,para dirixirnos xá a rota que nos levaría o centro de interpretación de Campo Lameiro,tamén decir que outras curiosidades que vimos pola rota foi a grupos de cazadores apostados en percura do xabarín,xá que parece ser que ese dia habia unha batida,tamén onda nós se achegaron uns cáns de caza, o parecer perdidos,xa que logo vimos a o seus donos con aparatos rastreadores en percura deles.Unha vez rematada o que era a senda do Maneses,xa nos diriximos o centro de interpretación,por un camiño xa totalmente distinto,o que percorria pola beira do rio,inda que as veces empinabase un pouco,era xa mais doado cun terreo seco e sin dificultades,unha vez arriba atopanos cos famosos petroglifos de Campo Lameiro,é unha representacion do que era unha aldea prehistórica,ademais de outros monumentos modernos,alí xa che cheguei coa bateria da cámara nas últimas, polo que so poiden tirar unha foto,péro como cada ún do grupo levaba cámara despois poiden disfrutar delas cando as colgaron no Facebook,decir tamén que ésta é unha rota lineal,polo que hai que deixar coches no punto de partida e no remate,grazas a amabilidade do grupo que me trouxo o punto de partida, un dia mais de disfrute da natureza é de convivencia con Garatuxa.

No hay comentarios: