Seguidores

martes, 14 de junio de 2011

Andainas ..Rota das Almiñas e Foxo do Lobo.Ponte Caldelas

Escomenzamos esta andaina,na capela de Laxoso de Arriba,e seguimos ata Laxoso Dabaixo,cruzamos a estrada e de seguido xa nos metemos por frondosas fragas,rodeamos o pobo e chegamos a un regueiro,onde atopamos vellos muiños de auga,xá en desuso,pero en bastante bo estado de conservación,xa polo medio do pobo,andivemos a percura da pista que non levaria o foxo do lobo,logo de atopala diriximosnos cara alá,pero o chegar a nosa sorpresa foi ver,que alí nin habia nin foxo nin lobo,tan só o sinal indicativo,mais tarde falando con xente do lugar dixenronos,que operarios da Xunta, que estaban traballando no monte con maquinas desfixeran toda a construccion,logo disto baixamos xa cara o rio Verduxo,mais concretamente a os pasos da Fraga,que une Laxoso con Caritel,pero no poidemos cruzar,xa que lle faltaba unha poldra que nos dificultaba o paso,de alí voltamos o punto de partida pola cara sur de Laxoso Dabaixo entre construccions de casa antigas, moitas restauradas,e sobre todo petos de ánimas,que case soia haber ún en cada encrucillada,cando caia a tarde,xá polo solpor,chegamos de novo a capela,onde deixaramos o coche, volta para a casa.

No hay comentarios: